A app do Camiño de Santiago feita desde Galicia

O teu Camiño, etapa a etapa, cos teus recordos gardados onde os viviches.

Nacida en Galicia. Feita por e para peregrinos.

Funcións principais de Camingo

Prepara a túa ruta

Etapas, distancias e lugares por descubrir.

Segue cada etapa

A túa ruta e a túa posición, sempre á vista.

Garda as túas lembranzas

Un diario privado, sempre contigo.

Descubre máis

Historias e lugares que lle dan vida ao Camiño.

Coñece Camingo

Todo o teu Camiño,
nun mesmo lugar.

Prepara a túa ruta, oriéntate e garda as lembranzas de cada etapa. Menos tempo buscando. Máis tempo vivindo o Camiño.

  • ✓ Lugares útiles reunidos nun único mapa.
  • ✓ Escolle a túa ruta e segue todo o percorrido.
  • ✓ Escribe o teu diario e volve a cada lembranza.
“Camiñante, non hai camiño;
faise camiño ao andar.”
Antonio Machado

Pensada para quen fai o Camiño

Antes, durante e despois.

Camingo non se limita a mostrarche unha liña no mapa. Axúdache a vivir e gardar todo o Camiño.

01

Antes

Consulta as etapas e descubre o que atoparás ao longo do percorrido.

02

Durante

Segue a túa etapa, descubre novos lugares e céntrate só en camiñar.

03

Despois

Volve ás túas lembranzas e contempla todo o Camiño que percorreches.

Sobre nós

Camingo naceu á beira do Camiño.

Camingo nace en Galicia, en pleno Camiño de Santiago. Detrás do proxecto estamos dous galegos que cada ano vemos como miles de peregrinos botan a mochila ao lombo e avanzan cara a unha mesma meta.

Desta proximidade naceu Camingo: unha app útil, sinxela e persoal, creada con alma por e para quen fai o Camiño.

XACOBEO 2027

Unha forma diferente de vivir o Ano Santo

Hai Camiños que se viven unha vez. E quedan connosco para sempre.

Descubre en Camingo a historia, os símbolos e todo o que fai especial o Xacobeo 2027. Paso a paso, sen complicacións.

Preguntas frecuentes

O esencial, explicado de maneira sinxela.

Iremos ampliando esta información a medida que Camingo siga medrando.

Onde podo descargar Camingo?+

Camingo xa está dispoñible para iPhone e Android. Podes descargala na App Store e en Google Play.

Que percorrido inclúe Camingo?+

A versión actual inclúe o Camiño Portugués desde Tui e a Variante Espiritual. Etapas do Camiño Portugués desde Tui.

É necesario crear unha conta?+

Non. Camingo está pensada para que poidas comezar de maneira sinxela e gardar as túas lembranzas no teu propio dispositivo.

Xa dispoñible

O teu próximo Camiño pode comezar aquí.